Limpeza de vía por vertedura de líquido hidráulico no lugar do Vilar, no concello de Porto do Son
Pola complexidade dos traballos os bombeiros tiveron que solicitar máis operativos

Operativo de limpeza da vía no lugar do Vilar, en Porto do Son / Cedida
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira acudiron na tarde de onte, arredor das 18:20 horas, a unha intervención por vertedura de líquido hidráulico no Vilar, no concello de Porto do Son.
A vertedura, que se estendía ao longo de aproximadamente 200 metros de longo e 2 de ancho, foi causada pola avaría dunha plataforma de pluma articulada á que lle rompeu un latiguillo.
Complexidade do traballo
Dada a complexidade dos traballos, consistentes no espallamento do dispersante ao longo de toda a mancha para despois limpar con auga, os bombeiros solicitaron a colaboración da dotación de garda do parque Provincial de Boiro, dando por rematado o operativo sobre as 21:30 horas.
Na reparación do suceso participou tamén a Policía Local de Porto do Son.
- Galicia afronta un nuevo episodio de calor extremo: la Xunta activa la alerta roja por temperaturas de hasta 38 grados
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- El coro compostelano que busca nuevas voces te espera en el IES de Sar
- Solo cinco grados de la USC en Santiago mantienen vacantes a las puertas del inicio de curso
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro
- Así son los 1.012 docentes que se incorporan a las aulas gallegas: 32 años de media y destino en 194 municipios