Porto do Son renova o céspede artificial do campo de fútbol ‘Emilio García’
A iniciativa é unha aposta por mellorar as instalacións deportivas municipais

Renovación do céspede artificial do campo de fútbol Emilio García / Cedida
O Concello de Porto do Son continúa na súa aposta en firme por mellorar as instalacións deportivas municipais, nesta ocasión coa renovación do céspede artificial do campo de fútbol ‘Emilia García’.
A inversión, que suma un total de 191.466 euros, contou co financiamento da Deputación da Coruña, por valor de 145.804 euros. A administración local aportou 45.661 euros de fondos propios, nunha actuación que rematou o pasado 20 de xuño.

Porto do Son renova o céspede do campo ‘Emilio García’ / Cedida
Reforma do equipamento
Así, o proxecto contemplou a instalación dun novo tapiz sintético de última xeración, así como a limpeza de quenllas e substitución de reixas do perímetro do terreo de xogo. Tamén, levouse a cabo o desmontaxe de equipamento e varanda existente, retirada sostible do céspede artificial antigo, pequenas reaparicións e regulacións puntuais na actual capa de soporte aglomerado e montaxe do equipamento.
Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu a colaboración da Deputación nesta actuación e destacou “a continúa aposta deste equipo de goberno por seguir avanzando na modernización das nosas infraestruturas deportivas, promovendo a práctica do deporte ao aire libre e os hábitos de vida saudables. Coa renovación desta instalación deportiva dámoslle a Porto do Son e a os nosos equipos e escolas deportivas unha instalación acorde ás súas necesidades”.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- El Gobierno avisa a la UE: no aceptará las lenguas de la ampliación hasta que gallego, catalán y euskera sean oficiales