Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

A remodelación da praza de Noia aviva a crispación entre goberno e oposición

O alcalde, reprobado polo pleno, di que son «manobras para enturbar»

A praza ofrece un renovado aspecto exterior trala primeira fase das obras de rehabilitación

A praza ofrece un renovado aspecto exterior trala primeira fase das obras de rehabilitación / Cedida

Noia

O pleno de Noia reprobou ao alcalde, Santiago Freire (PP), pola «mala» xestión das obras de rehabilitación da praza de abastos. A proposta non só foi apoiada polos grupos da oposición (PSOE, Marea e BNG) senón que tamén foi avalada polo socio de goberno (N.O.I.A.).

Interior da renovada praza de abastos de Noia

Interior da renovada praza de abastos de Noia / Cedida

O portavoz de Marea Cidadá, Manuel Seijas, asegura que a obra, adxudicada en 2021 «leva máis de tres anos rematar, con modificacións non xustificadas e cunha certificación do 93% da obra malia que moitas das actuacións non foron exectuadas». Por iso, dende a oposición piden a «execución inmediata de actuacións claves», entre elas un proxecto de remate integral da planta baixa e o perímetro superior, e a solicitude dun informe técnico independente.

Actuación para dinamizar a actividade no mercado

Actuación para dinamizar a actividade no mercado / Cedida

Seijas asegura que a reprobación evidencia «o illamento político e a perda total de confianza no alcalde», ao que acusan de «afundir o proxecto nunha situación de abandono, falta de control e improvisación total». Sinla ademais que «a praza non pode seguir sendo vítima da incompetencia e da inacción, e esiximos solucións».

Pola súa banda, o alcalde, Santiago Freire, sinala que todo se enmarca «dentro das manobras coas que a oposición, apoiándose no concelleiro tránsfuga, pretende enturbar a xestión e crear unha imaxe de división».

Postos renovados na praza de abastos noiesa

Postos renovados na praza de abastos noiesa / Cedida

Freire asegura que «falta por executar unha segunda fase» das obras e que están facendo un estudo e unha auditoría para reorganizar a distribución de postos» para ubicar os servizos de hostalería no andar superior e agrupar na planta baixa as peixerías, carnicerías e froiterías. Subliña que xa se remodelou o exterior e renováronse as carpintarías «e estamos a facer o maior investimento da historia da praza de abastos».

Respecto ao apoio dos edís de N.O.I.A. á proposta da oposición, Freire subliña «a incongruencia do concelleiro de Comercio ao votar en contra dunha actuación da súa área de competencia».

Tracking Pixel Contents