Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Lousame presenta a candidatura do cura de Fruíme ao Día das Letras Galegas 2027

O Concello entregou á Real Academia Galega un amplo informe

Moledo, esquerda, Villaverde, Monteagudo e Prego na xuntanza na Real Academia Galega

Moledo, esquerda, Villaverde, Monteagudo e Prego na xuntanza na Real Academia Galega / Cedida

Lousame

O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, recibiu á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen lle presentou o traballo realizado polo Concello para a divulgación da figura e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido como o cura de Fruíme (1702-1777). Unha reunión á que a alcaldesa acudiu acompañada dos voceiros do grupo socialista, Juan José Prego, e o nacionalista, Anxo Moledo, dando así cumprimento ao acordo do pleno municipal de xuño de 2024.

Nesa sesión, a Corporación aprobara unha declaración institucional para propoñer a candidatura de Zernadas de Castro ao Día das Letras Galegas e solicitar a reunión para presentar o informe sobre a figura do cura de Fruíme e a súa importancia como precursor do galeguismo. “Quixemos estar presentes os representantes dos tres grupos municipais porque entendemos que esta é unha petición que reflicte o sentir de todo o pobo de Lousame e non só dun único grupo”, sinala Villaverde Pais.

Por iso, a rexedora e os edís interesáronse polo procedemento para facerlle chegar á Real Academia Galega unha proposta co obxectivo de que a institución lle renda homenaxe ao cura de Fruíme, dedicándolle o Día das Letras Galegas de 2027. “Presentamos un completo informe de todas as actividades que levamos feito para poñer en valor a figura de Zernadas e seguiremos traballando noutros proxectos, como a musicalización, produción e edición doutros dez poemas máis de Zernadas”, sinala Teresa Villaverde.

Zernadas 2027

Neste informe, titulado Zernadas 2027, o Concello de Lousame detalla o traballo realizado dende o ano 2005 para promover e divulgar a figura de Zernadas de Castro, así como as múltiples razóns que o fan merecedor de que se lle dedique un Día das Letras Galegas. Neste sentido, “nós propoñemos que se lle dedique a edición de 2027, coincidindo coa conmemoración dos 250 anos do seu pasamento”, apunta Teresa Villaverde.

O Concello de Lousame detalla nese informe un total quince actuacións realizadas nos últimos 20 anos.

Tracking Pixel Contents