Unha actuación arqueolóxica tratará de localizar en Rianxo os restos de dous barbanzáns asasinados en 1936
Os corpos do labrego Manuel Piñeiro, de Boiro, e do mariñeiro e Francisco López, de Taragoña, foron depositados nunha fosa común do cemiterio de Asados

Imaxe do lugar de Paradegua, en Rianxo, onde foron asasinados en 1936 Manuel Piñeiro e Francisco López. / Cedida
Rianxo
Nos vindeiros meses, no marco do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2025-2028, levarase a cabo en Rianxo unha intervención arqueolóxica coa finalidade de localizar os restos mortais de dous veciños da comarca do Barbanza que foron asasinados en 1936 tras o Golpe de Estado.
Manuel Piñeiro, un labrego de Boiro de 31 anos, foi asasinado o día 14 de agosto de 1936 no lugar rianxeiro de Paradegua, e Francisco López, un mariñeiro de Taragoña (Rianxo) de 34 anos, o día 12 de setembro dese ano. Os seus corpos foron depositados nunha fosa común no cemiterio de Asados.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado
- Santiago vive un fin de semana para no quedarse en casa: conciertos, Carnaval, San Valentín y mucho más
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
