Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vinte voluntarios recompilan costumes e tradicións de Outes para facer un mapa sonoro

O alcalde de Outes, Francisco Calo, centro, cos voluntarios e voluntarias.

O alcalde de Outes, Francisco Calo, centro, cos voluntarios e voluntarias. / Cedida

Outes

O campo de voluntariado do Concello de Outes acolle durante dez días case vinte voluntarios chegados de toda a xeografía española. Durante a súa estadía realizan traballos de corte medioambiental, poñendo en relevo as rutas existentes no concello, tanto dos petróglifos de Fontemoreira como os gravados de Carballa da Cova.

Estes traballos de reacondicionamento das rutas servirán para poñer en valor o patrimonio outense de cara á implementación destas rutas para dar a coñecer a riqueza do municipio.

Outras das tarefas que están levando a cabo son a recollida da tradición oral, co obxectivo de crear un mapa sonoro do concello, que recolla os costumes e tradicións máis arraigadas e senlleiras.

Este ano estanse a recoller en puntos concretos, como Cruceiro de Roo, temas relacionados coa Campa Santa, os pipións, a fonte milagreira de Roo, as alfombras do Corpus ou a central hidroeléctrica que abastecía o lugar.

Nas zonas de Pontenafonso, Cuns e Cando recollen anecdotario ao redor dos muíños e lavadoiros, das pesqueiras do Tambre e a recollida da lamprea, ou historias do Pazo do Tambre ou da Pontenafonso.

Tracking Pixel Contents