POLÉMICA
A polémica das atraccións das festas de Ribeira divide ao tripartito
PP e PBBI volveron unirse para pechar un acordo con Portos de Galicia

María Sampedro e Vicente Mariño consultando o plano da zona portuaria / Cedida
Logo de semanas de tiras e afloxas, as Festas do Verán de Ribeira contarán coas tradicionais atraccións na zona portuaria, logo dun acordo de última hora acadado por PP e PBBI con Portos de Galicia. Un acordo que, non obstante, deixa aberta unha fenda no Goberno tripartito
Os portavoces de ambos os dous grupos, María Sampedro e Vicente Mariño, volveron unirse, como xa o fixeran no pleno do luns, para pechar o acordo con Portos logo de plantexar alternativas ao proxecto aprobado, «froito do diálogo cos feirantes na xornada do luns». Din que decidiron actuar ante «a incapacidade manifesta" do resto do goberno de "desbloquear un asunto de gran importancia para os veciños», afirman.
A conformidade do cambio de zonificación foi publicado pasadas as 17.00 horas, "logo de horas de traballo en busca dunha solución acorde ás necesidades dos feirantes e preservando sempre a seguridade", subliñan.
Sinalan que a celebración das principais festas do verán son un "balón de oxíxeno" para o tecido social e económico do concello. Trátase, engaden, "da semana grande para centos de familias ás que, por responsabilidade, non podemos deixar tiradas".
Os voceiros de PP e PBBI consideran que o seu labor como representantes públicos "é a de preservar e garantir solucións aos problemas derivados dunha xestión fantasma".
Sampedro e Mariño agradecen o labor dos técnicos e funcionarios "que amosaron un compromiso total para que a autorización poidese saír adiante”.
Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez, asegura que «antes de que eles anunciasen o acordo, ás tres da tarde, os feirantes xa comenzaron a montar as atraccións despois dunha xuntanza que mantiven cos feirantes, xunto co concelleiro de Festas».

O concelleiro de Festas, segundo esquerda, e o alcalde, á dereita cos feirantes en Ribeira / C. Ribeira
Despois sinalou en rolda de prensa que, ás dúas da tarde "xa dei autorización aos feirantes para que se instalasen no porto, agás na zona amarela". Lembrou que veñen traballando dende hai meses para que "veciños e feirantes poidan gozar das festas como se viña facendo nos últimos anos".
Pérez valorou positivamente que "Portos entendese que as restricións non tiñan obxecto, e autorice a proposta que xa se fixo nun primeiro momento". Sinalou ademais que "as festas ían celebrarse si ou si", e pregúntase "por que se nos dicía antes que non, e agora din que si".
Asegurou que antes de 2023 "nunca houbo problemas coas festas en Ribeira e, dende que cambiou o goberno comezou a mudar a situación. Incluso antes non se facía ningún tipo de solicitude a Portos e autorizábanse as festas, e agora non pese a que contestamos todos os requerimentos".
A pesares das diferenzas de PBBI cos socios de Goberno, tanto Vicente Mariño como o rexedor negaron que isto supoña unha ruptura do tripartito.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados