A Pobra afonda no patrimonio inmaterial da man dos maiores para crear o seu Mapa da Memoria
Recolleranse historias, costumes e lendas vinculadas co municipio, cunha proba piloto na Ribeiriña

Pola esquerda, Arantza Villar, Amparo Cerecedo e Samuel Domínguez. / Cedida
O Concello da Pobra puxo en marcha o proxecto Memoria dos lugares, que involucrará os maiores para crear o Mapa da Memoria da Pobra. A iniciativa busca estimular o envellecemento activo, facéndolles sentir aos veciños que a súa sabedoría popular é parte do patrimonio inmaterial do municipio.
Por medio da iniciativa recolleranse historias, costumes e lendas vinculadas co municipio cunha proba piloto na Ribeiriña (Postmarcos). A experiencia suporá non só a transmisión da historia por parte dos maiores, senón que se dará un paso máis: os relatos rexistraranse en formato vídeo promovendo deste xeito a alfabetización dixital dos veciños de maior idade.
Máis adiante, o Concello valorará vincular esas gravacións á localización exacta onde acontece cada historia.
A iniciativa arrincará cunha sesión piloto no local social da Ribeiriña, en colaboración coa Asociación de Veciños Ribeiriña-Conchido, o venres 10 de outubro ás 17.30 horas. Este encontro servirá para explicar en que consiste o proxecto e fixaranse as seguintes dinámicas.
O proxecto foi presentado pola concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo; o presidente da Asociación de Veciños Ribeiriña-Conchido, Samuel Domínguez; e a promotora da iniciativa, Arantza Villar.
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- Fallece Maricarmen Mallo, viuda del músico y compositor Manuel Muñiz
- Santiago se arriesga a perder fondos europeos por el retraso en las obras de Entre Sar e Sarela
- El precio de la plata en niveles récord pone a prueba la orfebrería tradicional compostelana
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Vecinos y oposición detectan fallos al humanizar Milladoiro y exigen multas por estacionar mal
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney