Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rianxo quere que a escultura da Guadalupe de Asorey sexa BIC

O Concello conseguiu asinar un acordo cos vinte e dous herdeiros da familia Baltar

Imaxe da colocación da escultura en Tanxil en 1932.

Imaxe da colocación da escultura en Tanxil en 1932. / Cedida

Rianxo

O acordo que permitiu que a escultura da Virxe de Guadalupe de Asorey retornase este venres a Rianxo, vinte anos despois da súa retirada do pedestal no que fora instalada en 1932 no alto do acantilado da praia de Tanxil, foi asinado polo alcalde, Julián Bustelo, cos vinte e dous herdeiros da familia Baltar, propietaria da peza.

Un acordo que, segundo o rexedor, «pecha un proceso iniciado hai un ano e inicia unha nova fase na que a prioridade é restaurar a escultura» e recolocala «no seu emprazamento orixinal».

Julián Bustelo confirma deste xeito a intención do Concello de que a imaxe «volva á praia de Tanxil á maior brevidade posible e con todas as condicións de seguridade necesarias».

Operarios do Concello de Rianxo trasladando a escultura da Guadalupe de Asorey a dependencias municipais, este venres.

Operarios do Concello de Rianxo trasladando a escultura da Guadalupe de Asorey a dependencias municipais, este venres. / Cedida

«En paralelo, iniciaremos os trámites para solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a declaración da escultura como Ben de Interese Cultural de Galicia, a maior categoría de protección do patrimonio cultural das previstas na normativa vixente», engade o mandatario local.

«Así, a escultura quedaría ligada ao seu emprazamento para sempre e impediríase o seu hipotético traslado a calquera outra parte», comenta Bustelo.

Cómpre lembrar que en 2005 os herdeiros do cirurxán Ángel Baltar retirarron a peza de Tantil ante o perigo que corría polos constantes desprendementos que se producían no acantilado. E, aínda que aseguraron que se trataba dunha retirada temporal para restaurala, o certo é que a Guadalupe de Asorey non retornou a Tanxil... ata o de agora.

Tracking Pixel Contents