COMERCIO LOCAL
A campaña 'Volta ao Cole' achega 400 euros á Cruz Vermella de Boiro
Enma Ouviña é a gañadora dun portátil da solidaria iniciativa de ABE

O presidente de ABE, Daniel García, no centro, na presentación da campaña. / ABE
A campaña Volta ao Cole: Cada compra suma, organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), pechou esta edición cun éxito rotundo de participación.
Durante os 26 días de duración da iniciativa rexistráronse 3.420 tickets de compra nos negocios asociados, unha cifra que roza o récord histórico de 3.464 tickets acadado o pasado mes de agosto, converténdose así na segunda mellor marca dende que se puxo en marcha o programa de fidelización da ABE.
O sorteo final tivo como gañadora a Enma Ouviña Castro, quen realizou a súa compra en Congelados Digna e recibirá como premio un ordenador portátil HP.
Ademais do seu carácter promocional, a campaña tivo tamén un forte compoñente solidario: por cada ticket rexistrado, a ABE destinou 0,10 € á Cruz Vermella de Boiro. A entidade completará o importe ata acadar unha doazón total de 400 €, que se entregará nas próximas datas en bonos ABE, a moeda local da asociación.
Estes bonos permitirán á Cruz Vermella adquirir material escolar nos comercios asociados, que logo será distribuído entre familias de Boiro en situación de vulnerabilidade.
O presidente da ABE, Daniel García, destacou que "esta campaña é un exemplo perfecto de como o consumo local pode xerar un impacto positivo máis alá do económico. Cada compra conta, e cada tícket suma para facer de Boiro un lugar máis solidario e con máis oportunidades para todos".
Engadiu tamén que “o apoio e a resposta da veciñanza demostran que o comercio local segue sendo un motor de dinamización social e un punto de encontro da nosa comunidade”.
A ABE quere agradecer a implicación dos negocios participantes e de todos os clientes que rexistraron os seus tíckets, facendo posible que esta edición se converta nun novo éxito compartido entre comercio e solidariedade.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego