PROXECTO
A Pobra recibe quince propostas para planificar a fachada marítima
Os obxectivos son reorganizar o espazo, a mobilidade e o mercado

Vista aérea da fachada marítima da Pobra do Caramiñal. / Fundación RIA
O Concello da Pobra do Caramiñal, coa coordinación técnica da Fundación RIA, o apoio administrativo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o financiamento da Fundación Marta Ortega Pérez (MOP), recibiu un total de 15 propostas para o concurso de ideas para planificar a fachada marítima.
Os obxectivos son reorganizar o espazo público, a mobilidade e o mercado semanal. A convocatoria está dotada con 33.000 € en premios e a adxudicación do plan director, valorado en 50.000 €.

Fachada marítima da Pobra do Caramiñal. / Fundación RIA
O xurado, que se constituirá nos próximos días, estará integrado polos arquitectos Alfonso Salgado (Salgado e Liñares), Elizabeth Abalo (Abalo Alonso Arquitectos) e Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), así como por representantes do Concello da Pobra do Caramiñal e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia. Posteriormente, o xurado realizará unha visita ao ámbito do concurso e manterá reunións de deliberación ata a comunicación da resolución final.
A Pobra dá así un paso decisivo cara á transformación sustentable e de carácter transversal da súa fachada marítima. O espazo de intervención concentra numerosos elementos clave: zonas portuarias, espazos verdes, equipamentos públicos, vivenda, tráfico de paso e o mercado semanal.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo