Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SEGURIDADE

A Policía Local de Boiro incorpora seis axentes

Dende o ano 2019 o Concello cubriu doce prazas

O alcalde, á esquerda, cos novos axentes da Policía Local de Boiro.

O alcalde, á esquerda, cos novos axentes da Policía Local de Boiro. / Cedida

Boiro

O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luis Ruiz, participaron esta mañá na toma de posesión dos seis novos axentes que se incorporan ao cadro da Policía Local de Boiro logo de superar o seu período de formación como funcionarios en prácticas.

Tamara Barreiro, Adrián Fernández, Jorge García, Jordi Llamas, Martín López e José Luis Pose accederon ao posto mediante unha oferta de emprego público e logo de superar as probas realizadas na Academia Galega de Seguridade. O pasado venres tiveron o acto de graduación na AGASP e dende hoxe forman parte da do corpo da Policía Local de Boiro.

O goberno local aposta, deste xeito, por seguir aumentando o cadro da Policía Local de Boiro e contar cun corpo acorde ás necesidades do municipio. Dende o ano 2019 cubríronse 12 prazas de axentes, case o dobre das que se cubriron nos últimos vinte anos pois entre o 1995 e o 2003 cubríronse 2 prazas, entre o 2003 e o 2011, 5 prazas e dende o 2011 ao 2019 ningunha.

O cadro da Policía Local conta na actualidade con 16 axentes, dous oficiais e un auxiliar. O obxectivo é seguir cubrindo as prazas vacantes e contar con outro oficial, un inspector e tamén un administrativo para cubrir así todas as prazas da plantilla.

Tracking Pixel Contents