Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SEGURIDADE

Protección Civil de Ribeira estrea unha motocicleta

O alcalde, Luís Pérez, agradece a colaboración da Deputación da Coruña

O alcalde, no centro, cos membros de Protección Civil de Ribeira.

O alcalde, no centro, cos membros de Protección Civil de Ribeira. / Cedida

Ribeira

A Agrupación de Protección Civil de Ribeira vén de incorporar unha nova motocicleta tipo scooter aos seus medios materiais, que permitirá reforzar a capacidade de resposta do voluntariado en situacións de emerxencia e en dispositivos preventivos.

O alcalde, Luís Pérez Barral, agradeceu á Deputación da Coruña "a súa colaboración continua co Concello de Ribeira e o apoio que supón a cesión desta nova motocicleta para Protección Civil". Destacou ademais "o enorme traballo que realizan cada día as persoas voluntarias nos eventos que se celebran no municipio e os membros do Grupo de Atención e Emerxencias Municipais (GAEM), que son unha peza fundamental para garantir a seguridade e o benestar da cidadanía".

Pérez Barral salientou que, "nestes dous anos ampliamos en dous membros o cadro de persoal, e os medios destinados á seguridade foron unha prioridade para o goberno local".

Esta acción enmárcase na aposta da Deputación da Coruña pola dotación de recursos materiais e formativos para o voluntariado de Protección Civil. Ao longo de 2025, a institución provincial destinou preto de 200.000 euros a investimentos e actividades das agrupacións da provincia.

Tracking Pixel Contents