Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO RURAL

As concentracións parcelarias de Outes benefician a preto de mil propietarios

As de San Pedro e San Miguel de Valadares están en fase de acordo

O alcalde de Outes, segundo dereita, e a conselleira do Medio Rural, na xuntanza celebrada en Santiago.

O alcalde de Outes, segundo dereita, e a conselleira do Medio Rural, na xuntanza celebrada en Santiago. / X. G.

Outes

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse onte co alcalde de Outes, Francisco Calo. No encontro avaliouse a colaboración entre o Concello e a Consellería para impulsar proxectos en beneficio do medio rural deste municipio.

En concreto, avanzouse no desenvolvemento da concentración parcelaria dos lugares de San Pedro de Outes e San Miguel de Valadares, que xa se atopa en fase de acordo firme e que beneficia preto de mil propietarios.

Ademais, ambos mandatarios avaliaron a mellora de diferentes infraestruturas rurais e tamén as fórmulas para o impulso das agrupacións forestais de xestión conxunta, co fin de optimizar a xestión dos montes no territorio municipal de Outes, entre outras iniciativas de interese local.

Tracking Pixel Contents