SERVIZOS
O BNG demanda "investimentos e solucións" aos problemas de saneamento en Noia
Denuncia que a situación está afectando aos bancos marisqueiros

Rosana Pérez e Ricardo Suárez ao pé da ría de Noia. / BNG
O BNG de Noia, a través da deputada Rosana Pérez, solicitará no Parlamento que a Xunta «se sente co Concello para calendarizar actuacións e investimentos» para solucionar as carencias da rede de saneamento municipal.
O voceiro nacionalista local, Ricardo Suárez, sinalou que, «segundo o alcalde, o Concello de Noia leva 2 anos sen facer unha depuración efectiva das augas residuais, situación que se vai alongar alomenos outro tanto». Entende que esta situación está afectando á productividade dos bancos marisqueiros.
Lembra ademais que o BNG, vinculou o apoio á investidura do novo alcalde, a que «un 10% do investimento municipal se adique a obras de saneamento».
Rosana Pérez sinalou que «é escandaloso que un pobo con máis de 14.000 habitantes esté nesta situación, e non se pode permitir que haxa vertidos directos a unha ría que atesoura unha gran riqueza marisqueira».
Cabe sinalar que en decembro de 2024 comezaron as obras da nova depuradora, «e somos conscientes de que estas actuacións son moi custosas, polo que pediremos á Xunta que pida axudas ao Goberno do Estado e que contemple no orzamento de 2026 partidas para revisar a rede».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago