Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Sete espectáculos na segunda Mostra de Teatro de Porto do Son

Comezará o día 18 con 'Vicio houbo sempre', con Atenea García

Atenea García representando 'Vicio houbo sempre'.

Atenea García representando 'Vicio houbo sempre'. / Cedida

Porto do Son

O Concello de Porto do Son impulsa a II Mostra de Teatro, que achegará sete obras de gran nivel, entre outubro e novembro, á casa da cultura.

A estrea será o día 18 con Vicio houbo sempre, de Atenea García. O día 25 aAntena presentará Golpes, e xa en novembro, o día 1 será a quenda de Cabaré Climático, unha proposta de Gallaecia Eventos.

O día 8 a obra Máis saaabor!, de Culturactiva, encherá a casa da cultura de risas. A seguinte función será Un Deus salvaxe, de Talía Teatro, que poderá verse o día 15 de novembro. Sete días despois, o 22, chega unha proposta «feita na casa» polo grupo de teatro musical Mimarte, de Porto do Son, que presentará a obra Nais en apuros o 22 de novembro.

Cartel promocional da Mostra de Teatro de Porto do Son.

Cartel promocional da Mostra de Teatro de Porto do Son. / Cedida

A compañía Malasombra será a encargada de pechar a Mostra de Teatro coa súa obra D.E.P, unha comedia na que se amosa con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante o reparto dunha herdanza.

As propostas Vicio houbo sempre, Golpes e Nais en apuros poderanse ver completamente de balde. As entradas para as demais obras poderán adquirirse a un prezo de 4 euros a partir do 14 de outubro na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 8.00 a 15.00 horas, ou antes das funcións. Só se acepta tarxeta bancaria.

TEMAS

Tracking Pixel Contents