Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTOS

Asanog chama á solidariedade dos boirenses contra o cancro infantil

Peñas Boiro SC organizará o 8 de novembro unha cea para recadar fondos

Presentación da cea solidario que se celebrará en Boiro a favor de Asanog.

Presentación da cea solidario que se celebrará en Boiro a favor de Asanog. / Cedida

Boiro

Peñas Boiro AC organiza o 8 de novembro unha cea solidaria en beneficio da Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog). A concelleira, María Outeiral, participou na presentación xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC; e Yenny Rodríguez, coordinadora de Asanog.

A cea terá lugar no restaurante Chicolino ás 22.00 horas e contará con animación musical e sorpresas. O prezo da cea é de 50 euros e doarase un 10% a Asanog, ademais de todo o recadado coas rifas que se venderán para o sorteo dunha viaxe.

«A andaina que fixemos para recadar fondos foi un éxito e queremos seguir facendo actividades nesta liña para axudar a entidades e asociacións con fins sociais», afirmou David Laíño.

A Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia ten como finalidade prestar apoio e asistencia ás familias de nenos e nenas oncolóxicos.

«Estamos moi agradecidos co gran apoio que recibimos en Boiro coa colaboración en actividades coma esta», afirmou Yenny Rodríguez.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura boirense, María Outeiral, agradeceu «o compromiso de asociacións culturais como Peñas Boiro AC con entidades sociais como Asanog, que leva a cabo un gran traballo cos nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias».

Tracking Pixel Contents