Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA

Tania Redondo abandona o PBBI e acusa aos compañeiros de negociar a censura ás súas costas

A edila de Ribeira di que recibiu "insultos" dende o PP e que "puxeron en dúbida" a súa saúde"

Tania Redondo na comparecencia pública para informar da súa baixa no PBBI.

Tania Redondo na comparecencia pública para informar da súa baixa no PBBI. / Cedida

Ribeira

A concelleira de Medio Rural e Servizos Municipais de Ribeira, Tania Redondo (PBBI), unha das asinantes da moción de censura co PP, desmárcase agora do seu partido e solicitou a súa baixa como edila do PPBI e pasará ao grupo de non adscritos.

Así o anunciou hoxe nunha comparecencia pública na que afirmou que "pasados 10 días desde a presentación da moción de censura chegou o momento de contar a miña verdade sobre o acontecido".

Sinalou que a moción de censura "é froito de meses de negociacións e reunions ás miñas costas, onde se xogaba o futuro de Ribeira sen transparencia nin lealdade por parte de tres compañeiros do meu partido". Tras esto, engadiu, "chegou o que eu chamo o Efecto Sorpresa. Algúns aparecen colocándose medallas de heroes, os mesmos que foron os que nos puxeron as pedras no camiño e que se presentan hoxe como salvadores dos problemas que eles mismos crearon".

A concelleira estivo arroupada polo alcalde e os edís do BNG.

A concelleira estivo arroupada polo alcalde e os edís do BNG. / Cedida

Agora, subliñou, "preséntanse cun pacto cunha señora (en alusión á candidata á Alcaldía do PP) que me faltou ao respecto publicamente con insultos cara a miña persoa". Outra persoa de dito partido, engadiu, "puxo en dúbida a miña saúde nun momento moi duro a nivel persoal, do cal considero que non teño que dar explicacións, pois en canto estiven recuperada, volvín ao meu traballo ao día seguinte".

Tania Redondo di que este é "un pacto con xente que fai da política unha loita persoal, facéndome sufrir non só min, senón a toda a xente que me rodea, xulgando o traballo da miña familia e poñéndoo en dúbida constantemente con ataques directos. Considero que esta non é a maneira de traballar, por iso non podo aceptar compartir goberno con estas persoas, por principios, e por respecto á miña familia e, sobre todo, por respecto a min mesma".

A concelleira di que nunca entrou no xogo de ataques persoais "e non penso facelo agora. Nunca traballei así e non o farei no futuro".

Tania Redondo lembrou que, despois de sair elexida "democraticamente" nas pasadas eleccións municipais, "ofreceuseme a posibilidade desta coalición, na cal creín pensando que realmente chegaba o momento do cambio, ese cambio que prometemos durante toda a nosa campaña electoral".

Dende o PBBI, subliña, "insistimos en que nunca pactariamos co goberno do PP que estaba naquel momento no poder. Cando me incorporei a este traballo pensei que viña a colaborar por unha causa xusta: dedicarme a facer de Ribeira un sitio mellor para todos".

Nembargantes, ao chegar ao goberno, "atopámono con moitos problemas. O principal, unhas contas desastrosas e practicamente baleiras, que incluso rozaban a ilegalidade e impedíannos traballar como nos gustaría", afirmou Redondo.

Sinalou ademais que durante este tempo de goberno "penso que queda claro que eu non son de fotos, son de despacho, de traballar para conseguir melloras para a xente, aínda que ao meu pesar non sempre foi posible". Recoñece asemade que "non sempre o fixemos ben, somos de ideoloxías totalmente diferentes, pero apuntando todos hacia un mesmo obxectivo. Non hai que negar que houbo momentos dificís, tensións internas e discrepancias, como en calquera equipo de traballo, pero que, dialogando intentamos solucionar e traballar xuntos polo ben do noso concello. Desgraciadamente, isto non puido ser así".

Vicente Mariño, portavoz de PBBI

Pola súa banda, Vicente Mariño, portavoz de PBBI, considera que Tania Redondo está sendo «vilmente manipulada por el BNG» e lembra que «fue a firmar libremente la moción de censura ante el secretario municipal». Por iso, non entende que agora fale de coaccións "y de temas personales que nada tienen que ver con la moción".

Asegura que, como en todos os grupos políticos, "no todo se habla en general", pero di que Tania foi informada «como todos los ediles del PBBI. Primero dijo que lo iba a pensar y después nos dijo que estaba de acuerdo con la moción y fue a firmarla". Igualmente, engade, o outro edil do PBBI que se desmarcou da censura, Juan Luis Furones, "dijo que estaba de acuerdo con la moción, pero que le costaba apoyarla y que no la iba a firmar".

Mariño sinala, ao respecto da decisión de Tania de abandonar o partido, que "tuvo las puertas abiertas para entrar y ahora también las tiene abiertas para salir".

Mariola Sampedro, candidata á Alcaldía polo PP

A candidata a relevar a Luís Pérez (BNG) na Alcaldía de Ribeira, Mariola Sampedro (PP), sinalou ao respecto das críticas de Tania Redondo que "todas as comunicacións que tiven con ela foron públicas, nos plenos, e non tivemos ningunha conversa privada, polo que calquera insulto ou ameaza que ela entenda así están aí para que os valore quen queira". Asegura que o seu grupo aposta por "facer as cousas desde o respecto e a harmonía".

En canto ás críticas de Redondo á xestión do anterior goberno do PP, Sampedro sinala que cando o tripartito accedeu ao executivo "o Concello tiña unha débeda e agora déixano con máis débeda, e cuns retos que non foron capaces de acadar".

Lembra Sampedro que "o PP ten 10 concelleiros e eles eran tres forzas minoritarias, e as reglas de xogo son tan lexítimas agora para que gobernemos nós como cando o fixeron eles".

Tracking Pixel Contents