A Creba e Ambar reivindican a inclusión e a diversidade no Día da Saúde Mental
Noia acolleu un dos actos ao que se sumaron o alcalde e escolares

Concentración de A Creba diante do concello de Noia no Día da Saúde Mental. / Cedida
As asociacións A Creba e Ambar unírose no centro de recursos desta última, en Ribeira, no Día da Saúde Mental para subliñar a necesidade de integrar a saúde emocional e psicolóxica dentro do concepto amplo de diversidade funcional e social.
Asemade, en Noia diante da Casa do Concello houbo unha concentración promovida por A Creba baixo o lema Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental. Ao acto sumáronse veciños e veciñas, alumnos dos IES Virxe do Mar, Campo de San Alberto e do Colexio María Assumpta, e o alcalde, Francisco Pérez. O do grupo Sons da Ría amenizou o encontro.

Acto das asociación Ambar e A Creba no Día da Saúde Mental. / Cedida
A educadora social de A Creba, Alba Allo, deu lectura a un manifesto co que destacou a importancia de visibilizar a saúde mental. «Necesitamos darlle a importancia que se merece, porque segue a ser moi invisibilizada e fan falla máis recursos para afrontar o reto que supón», afirmou.
O alcalde de Noia, Francisco Pérez, subliñou o compromiso do Concello coa promoción da saúde mental e coa colaboración con entidades sociais do municipio. «É fundamental que administracións e colectivos unamos esforzos para poñer a saúde mental no lugar que merece. Desde o Concello seguiremos apoiando o labor de A Creba, que leva anos acompañando e ofrecendo recursos a persoas que precisan apoio».
Destacou o feito de que no acto participasen moitos mozos e mozas, «o que demostra que a sociedade está máis concienciada e que a saúde mental é unha prioridade compartida».
O acto enmarcouse dentro dunha programación máis ampla promovida por A Creba, que inclúe charlas en centros educativos, o concurso de fotografía Enfocando o benestar, e unhas xornadas de achegamento aos hospitais da contorna.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo