Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Un desaxuste de horarios obriga a un alumno noiés a saír antes de clase para usar o transporte adaptado

O PSOE pedirá no Parlamento que se prioricen os dereitos educativos

O deputado socialista Aitor Bouza presentará unha iniciativa no Parlamento.

O deputado socialista Aitor Bouza presentará unha iniciativa no Parlamento. / Cedida

Noia

O PSdeG-PSOE denuncia que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta está a obrigar que alumnos e alumnas con diversidade funcional abandonen as clases antes de tempo para poder facer uso do mesmo. O deputado socialista Aitor Bouza faise eco do caso dun alumno do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia que ten recoñecida unha discapacidade do 100% «e que se ve obrigado a abandonar a súa clase 30 minutos antes da hora oficial».

Cualifica a situación de «novo ataque aos dereitos fundamentais» por parte da Consellería de Educación, e indica que é «culpa da neglixente xestión» do transporte escolar.

Ante isto, Bouza sinala que «non imos ficar impasibles, imos exixir de inmediato, a través dunha batería de iniciativas que presentamos no Parlamento de Galicia, que se garanta o dereito do alumnado con discapacidade que é usuario do transporte a asistir á totalidade do horario lectivo», sinala.

Esixirán tamén que se revise o funcionamento e os contratos das empresas concesionarias do transporte adaptado e que se asegure que esa organización «priorice sempre os dereitos educativos do alumnado e non criterios de conveniencia empresarial», engade. Pedirán tamén que se dea resposta ás familias afectadas e que se estableza un protocolo especifico.

Tracking Pixel Contents