POLÍTICA
Multitudinario acto de apoio a Luís Pérez en Ribeira
Ana Pontón afirmou que "volverá a ser o gran alcalde que este concello merece"

Rosana Pérez, esqda., Luís Pérez, Ana Pontón e Antía Alberte ante o ateigado auditorio. / BNG
Centos de persoas ateigaron o auditorio municipal de Ribeira para participar nun acto de apoio a Luís Pérez Barral (BNG), quen o luns, salvo sorpresas, deixará de ser alcalde se prospera a moción de censura presentada por PP e PBBI. O rexedor, emocionado, anunciou que el e o seu grupo seguirán traballando para recuperar a Alcaldía no 2027.
Ademais de veciños e veciñas, ao acto sumouse tamén a líder do BNG, Ana Pontón, quen afirmou que «a vergoñenta moción de censura impulsada polo PP é a constatación de que o BNG estaba facendo un excelente traballo». Augurou que, tras demostrar como gobernar «a favor da maioría social, volverá ser o gran alcalde que Ribeira merece».
«Poderán frearnos, pero non deterán o camiño que comezamos; poderán quitarnos o goberno cunha moción vergoñenta, pero non a razón, nin a vontade de seguir facendo de Ribeira un lugar mellor para a gran maioría», engadiu. Sinalou que o avance «non se pode parar por intereses partidistas e personalistas, nin tampouco con chantaxes e coaccións».
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen