Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AXUDAS

Rianxo apoia con 10.000 euros ás asociacións de comerciantes e empresarios

O alcalde asegura que o obxectivo é impulsar a actividade económica

As axudas están dirixidas a asociacións de comerciantes e empresarios.

As axudas están dirixidas a asociacións de comerciantes e empresarios. / Cedida

Rianxo

O Concello de Rianxo habilitou, por segundo ano, unha liña de axudas por importe de 10.000 € para apoiar a actividade das asociacións de comerciantes e empresarios do municipio.

O alcalde, Julián Bustelo, subliña que «esta liña de axudas pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos asociativos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Rianxo, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego para a veciñanza».

Estas axudas súmanse a outra liña habilitada polo goberno rianxeiro fai un meses para impulsar a implantación de novas empresas e comercios no municipio. Os novos negocios poderán contar con 2.000 €. O Concello mobilizou este ano 20.000 € para estes sectores.

TEMAS

Tracking Pixel Contents