Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Noia oferta este outono máis de trinta propostas culturais

Haberá teatro, exposicións, cinema, lectura, Samaín e un magosto

Xornada de promoción da lectura infantil en Noia.

Xornada de promoción da lectura infantil en Noia. / Cedida

Noia

A concellería de Cultura de Noia oferta no último trimestre do ano máis de trinta actividades culturais, entre concertos, representacións teatrais, exposicións, cinema, lectura e outros eventos tradicionais destas datas como o Samaín ou o magosto.

Cartel promocional das actividades culturais de Noia.

Cartel promocional das actividades culturais de Noia. / Cedida

Son propostas para todos os públicos e idades, cunha aposta clara pola diversidade e pola posta en valor da creación galega. Entre as citas destacadas están o concerto do Grupo Vocal e Instrumental Atlántico, a celebración do Día das Escritoras, o espectáculo ¡Salta! no Liceo de Noia, así como a actividade Da morte, o pranto e o alén no Reino de Galiza, conducida polo actor e contador Quico Cadaval.

En novembro, o público poderá gozar da Mostra de Curtas, da Semana Musical Santa Cecilia e representacións teatrais, e en decembro de espectáculos familiares e o Concerto de Nadal.

TEMAS

Tracking Pixel Contents