Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ribeira equipa a canceira municipal cunha fosa séptica para conseguir un núcleo zoolóxico

Iso permitiralle acceder a novas subvencións para mellorar a instalación

Obras de construción da fosa séptica da canceira municipal de Ribeira.

Obras de construción da fosa séptica da canceira municipal de Ribeira. / C. R.

Ribeira

Unha nova obra na canceira municipal de Ribeira permitirá axilizar as posibilidades de conseguir un núcleo zoolóxico. Trátase da instalación dunha nova fosa séptica para facer fronte ao número de animais que alí se albergan.

A concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte, lembrou que "levabamos tempo querendo poñelo en marcha, pois é imprescindible en criterios de benestar animal. A nova lei esixe outras condicións técnicas e isto era indispensable para ter o núcleo zoolóxico".

A concelleira indicou que “conseguindo esta clasificación o concello poderá acceder a novas subvencións que lle facilitará facer melloras na instalación”.

Tracking Pixel Contents