MOBILIDADE
Ría da Estrela mellorará a seguridade dos peóns entre Porto do Son e o castro de Baroña
Investirá 218.914 € na construción dunha pasarela de 360 metros

Francisco Pérez, segundo esquerda, e Luís Oujo, terceiro, no acto de replanteo das obras. / Cedida
O presidente da Asociación Rural de Desenvolvemento (ARD) Ría da Estrela, Luís Oujo, e o tesoureiro da entidade e alcalde de Noia, Francisco Pérez, presidiron o acto de replanteo das obras de construción dunha pasarela peonil en madeira para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade dun tramo existente entre Porto do Son e o Castro de Baroña. Uns traballos incluídos dentro das actuacións recollidas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino da Ría de Muros Noia e que suporán un investimento de 218.919,34 euros, financiados pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
Esta actuación pretende mellorar o proxecto de posta en valor do bordo litoral entre Porto do Son e o Castro de Baroña acometido polo Concello sonense no ano 2014. O tramo sobre o que se vai actuar ten una lonxitude aproximada de 360 metros, paralelo á AC-550. Iníciase na saída do núcleo urbano e finaliza nun pequeno promontorio sobre A Cova do Fonforrón, un punto dende onde se accede a un antigo camiño que sigue o itinerario pegado aos cantís que dan sobre a praia do Fonforrón.
«Trátase dun tramo que conta con beirarrúa pero moi estreita, contando cun ancho de 70 centímetros nalgúns dos seus puntos onde apenas poden cruzarse dous peóns e tamén supón moita dificultade e perigo para o tránsito de persoas en cadeira de rodas», explicou Oujo. Para melloralo, construirase unha plataforma voada en madeira pola parte exterior e ao mesmo nivel que a beirarrúa.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago