Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A POBRA

Os empresarios do polígono da Tomada demandan melloras de infraestruturas e da conectividade

Julio Abalde ofreceuse a colaborar co desenvolvemento da comarca

Julio Abalde, no centro, na xuntanza cos empresarios, o alcalde e a segunda tenente de alcalde.

Julio Abalde, no centro, na xuntanza cos empresarios, o alcalde e a segunda tenente de alcalde. / María Ares

A Pobra

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, realizou unha visita institucional ao polígono industrial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, da man da directiva da Entidade de Conservación do Polígono onde, xunto co alcalde José Carlos Vidal, e a segunda tenente de alcalde, Patricia Lojo, mantivo unha reunión con representantes das 33 empresas que operan neste espazo empresarial.

Os empresarios trasladáronlle os principais retos e necesidades do polígono, centrados na mellora das infraestruturas, da conectividade e dos servizos comúns, así como no impulso dunha planificación sostible e competitiva que lles permita continuar medrando.

A presidenta da entidade, Isabel Cañas, destacou que «estamos nun lugar estratéxico para Barbanza, porque desde aquí impulsamos boa parte da actividade produtiva da zona, xeramos oportunidades e sostemos o tecido económico». Tamén subliñou o compromiso das empresas coa mellora ambiental, a integración paisaxística e a eficiencia enerxética.

Pola súa banda, Julio Abalde ofreceuse a colaborar co desenvolvemento económico e a creación de emprego na comarca e sinalou que o Goberno de España «vai seguir acompañando ao empresariado e apoiando iniciativas que xeren riqueza, emprego e futuro».

Tracking Pixel Contents