RIBEIRA
Mariola Sampedro: «Primaremos ás persoas e as necesidades dos veciños»
A nova alcaldesa quere impulsar a circunvalación e a ampliación do polígono

María Sampedro, con Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez, recollendo onte a Bandeira Verde. / Cedida
Intensa e sen apenas tempo para comer. Así foi a primeira xornada da nova alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro (PP), que xa mantivo as primeiras xuntanzas cos departamentos de Secretaría e Intervención, entre outros, e solicitou informes a todos os servizos para coñecer a situación real de cada área municipal.
Unha das prioridades é «aprobar os orzamentos, xa que temos un Plan Económico Financieiro» e «a partir de aí poremos orde nas actuacións que están en marcha e avaliaremos como están as partidas orzamentarias». De momento, afirma, «sabemos que hai algunhas que están baixo mínimos e outras en negativo».
Sampedro quere comezar tamén canto antes os contactos con outras administracións para buscar colaboración e financiación para proxectos que exceden a capacidade de investimento local.
Entre eles, a nova rexedora pretende impulsar a construcción da vía de circunvalación e a tamén demandada ampliación do polígono. Respecto á primeira, a alcaldesa, cualifica de «disparates» as tres alternativas presentadas recentemente polo goberno do censurado Luís Pérez (BNG), porque entende que ninguha «daría solución aos problemás de tráfico no centro urbano de Ribeira».
Lembra que a Xunta de Galicia xa tiña elaborado un proxecto «que foi feito a conciencia e avaliado por moitos técnicos, no que se tiveron en conta tanto aspectos ambientais como construtivos e de mellora do tráfico».
Polo que respecta á ampliación do parque empresarial, Mariola Sampedro asegura que «antes de irnos do anterior goberno xa estaba negociada a compra dos terreos necesarios na parte da Pobra, e dous anos e medio despois, o tripartito nin sequera foi quen de mercar esas parcelas».
Limpezas e mantemento
Máis aló dos grandes proxectos de futuro que precisa Ribeira, a nova alcaldesa ten claro que as primeiras accións teñen que estar orientadas á mellora das necesidades da veciñanza. «Hai que facer moita limpeza e tamén labores de mantemento», asegura.
Considera ademais que é fundamental garantir «un bo funcionamento dos servizos e ofrecer unha boa atención aos veciños». Por iso, engade, «primaremos ás persoas e tentaremos de darlle solución aos seus problemas».
O reforzo da seguridade é outro dos obxectivos que se fixa o novo goberno municipal, e tamén rematar e dar continuidade a obras coma a do concello, e tamén o Club de Remo «que leva paralizado moito tempo», subliña Mariola Sampedro.
Respecto á configuración do novo de goberno en coalición co PBBI, a rexedora sinalou que «iremos dando a coñecer a composición e distribución de competencias nos vindeiros días». Aínda non está fixada a data do pleno de constitución, pero a intención da rexedora é que sexa o antes posible. Polo momento, tampouco desvela como será o reparto das adicacións exclusivas.
Un cambio en marcha
Cómpre lembrar que Mariola Sampedro accedeu á Alcaldía de Ribeira o pasado luns tras prosperar a moción de censura apoiada polos concelleiros do PP e tres dos cinco edís de PBBI que, até agora, formaban parte do tripartito integrado por BNG, PBBI e PSOE.
Sampedro xustificou a censura sinalando que «Ribeira merece un cambio», e que «non se pode gobernar para uns poucos, senón para todas as familias».
Defendeu tamén a «lexitimidade» do acordo cos independentes para retomar o poder en Ribeira, sinalando que o PPfoi «con moito» o partido más votado nas últimas eleccións municipais, ao acadar dez concelleiros, e quedar a tan só un de acadar a maioría na Corporación municipal.
Primeiro acto institucional
Logo dos primeiros contactos con parte dos funcionarios e traballadores municipais, a nova alcaldesa de Ribeira desprazouse onte a Mos (Pontevedra) para participar no primeiro acto institucional do seu mandato. Alí recolleu a Bandeira Verde de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. No acto participaron tamén a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, alcaldes, alcaldesas e edís dos concellos distinguidos.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito