Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noia organizará a presentación da Asociación Cabalar Serra do Barbanza este domingo

Os que asistan á cita poderán interactuar cos equinos

Integrantes do goberno noiés e membros da asociación presentaron a actividade.

Integrantes do goberno noiés e membros da asociación presentaron a actividade. / Cedida

Noia

Co afán de impulsar as actividades ecuestres e manter viva a tradición ao redor destes animais na comarca barbanzá, surxiu a idea de crear a Asociación Cabalar Serra do Barbanza, que fará a súa presentación pública o próximo domingo a partir das 11.00 horas no Campo da Feira de Noia, Concello o cal mostroulle o seu apoio para futuras iniciativas conxuntas.

O encontro incluirá interacción cos cabalos para pequenos e maiores, ofrecendo unha xornada de convivencia e posta en valor do patrimonio natural e cultural vinculado ao mundo dos equinos.

O tenente de alcalde, Manolo Seijas, destacou que a ligazón coa entidade "permitirá desenvolver numerosas actividades ao longo do ano, reforzando a nosa tradición cabalar e dinamizando a vida social e cultural de Noia”.

Tracking Pixel Contents