CULTURA
A Pobra pon en valor a figura e obra de Valle Inclán
As xornadas comezarán cunha conferencia e un roteiro teatralizado

O Museo Valle Inclán acollerá un obradoiro de caligrafía artística. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou a vixésimo sétima edición das Xornadas en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán, unha cita que busca poñer en valor a figura e obra dun dos autores máis importantes da literatura galega e española.
Comezarán o sábado día 18, coa conferencia Valle-Inclán na arte galega, a cargo de Miriam Elena Cortés López, profesora na USC e membro do grupo de investigación Iacobus. Será ás 20.00 horas no Auditorio da biblioteca municipal.
O domingo, día 19, ás 12.30 horas, o Cantón da Leña será o punto de encontro para o roteiro teatralizado Los blasones de Viana del Prior. Visita teatral por A Pobra por los mundos de Valle-Inclán, conducido polo actor e guía Suso Martínez.

Cartel promocional das Xornadas Homenaxe a Valle Inclán. / Cedida
As xornadas continuarán o martes 21 e o mércores 22 de outubro, ás 11.30 horas, con funcións para escolares da compañía Teatro Cachirulo, que representará a adaptación con monicreques de Farsa italiana enamorada del rey, nos colexios CEP Pilar Maestú Sierra e CEP Salustiano Rey Eiras respectivamente.
O xoves 23, ás 20,00 horas, a Casa da Cultura acollerá a inauguración da exposición Castelao: a santificación de Valle-Inclán. Da estrea mundial de Divinas Palabras ao exilio, comisariada por Antonio González Millán.
O venres 24, tamén ás 20.00 horas, presentarase no Museo de Valle-Inclán a publicación facsímile de A miña irmá Antonia, editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O ciclo continuará o sábado 25 de outubro, ás 20.00 horas, no auditorio da biblioteca municipal, coa conferencia do escultor e tratadista Gonzalo Sánchez Mendizábal, baixo o título Valle-Inclán como inspiración da arte.

Programa de actividades da vixésimo sétima edición das xornadas. / Cedida
A xornada central homenaxe celebrarase o mércores 29 de outubro, conmemorando o seu nacemento. Dende as 12.00 horas, o grupo GMT Caraveiros, ofrecerá unha ruada musical polos principais espazos da vila: alameda, xardíns de Valle-Inclán, mercado municipal, prazas de García Martí, Cantón da Leña, Fonte dos Catro Canos e Galicia. Ás 12.30 horas terá lugar a ofrenda cívica diante do monumento de Valle-Inclán no Cantón da Leña.
O xoves 30 de outubro, ás 20.00 horas, presentarase no Auditorio da biblioteca municipal o nº 2 da revista Foro Galicia e Valle-Inclán, dirixida por Xaquín del Valle-Inclán e dedicada á investigación e divulgación da obra.
Xa en novembro, o domingo día 2, ás 12.30 horas, a alameda acollerá a primeira das representacións de rúa de Títeres Alakrán: Xan Quinto e outros romances de cego, con Borja Ínsua, que continuará despois na praza da Fonte dos Catro Canos.
O sábado, 8 de novembro, ás 11.30 horas, celebrarase no Museo de Valle Inclán, na sala de iconografía contemporánea, un obradoiro de caligrafía artística impartido por Alba Farto, baixo o título Arte da rotulación e lettering, dirixido á mocidade e persoas adultas.
O ciclo pecharase o sábado 15 de novembro, ás 20.00 horas, coa representación de Teatro en Punto, que levará á rúa a obra A miña irmá Antonia, unha das novelas breves de Valle-Inclán, con dirección de Gloria Rico Galán. A función desenvolverase na alameda e continuará na praza Fonte dos Catro Canos.
Paralelamente, desenvolverase a acción cultural De Santos a Nadal – Letras de aquí e acolá, coa colocación de marcadores conmemorativos en distintos establecementos da vila, nos que se recollerán palabras de amor e loanza de Valle-Inclán á Pobra do Caramiñal.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago