CERTAME
Volve o concurso fotográfico de micoloxía da Pobra
Buscar promover a arte e a conciencia medioambiental

Presentación do concurso que organiza o Concello da Pobra do Caramiñal. / Cedida
Coa chegada do outono, o Concello da Pobra do Caramiñal retoma o Concurso Fotográfico de Micoloxía, que acada a súa novena edición. O obxectivo é "contribuír á divulgación da micoloxía e á valoración e o respecto do medio ambiente", explicou a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos.
A convocatoria está aberta a veciños e veciñas de todas as idades, e o prazo de participación estará aberto ata o domingo, 2 de novembro, ás 23.59 horas. As persoas interesadas deben enviar o nome, apelidos e o teléfono de contacto ao correo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com.
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas fotografías e cada unha das instantáneas presentadas disporá de dúas réplicas: unha onde se vexa a tarxeta de participación (en formato papel ou no móbil) como medida de control e unha segunda na cal non se vexa este distintivo. Esta última imaxe será anónima e remitirase ao xurado para a súa valoración.
A remisión dos traballos poderá facerse, exclusivamente, a través do correo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com ou da páxina web www.wetransfer.es.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago