Malestar na oposición de Ribeira polo respaldo que a Xunta antes lles negaba
Dende o BNG din que se anuncia un xeriátrico que eles levaban tempo xestionando sen éxito
O PSOE cre que que o Goberno galego manipula solventando problemas antes sen solución

Luis Pérez, esquerda, exalcalde de Ribeira polo BNG, e Francisco Suárez-Puerta, edil do PSOE / Concello
As poucas horas de conformarse a coalición de goberno en Ribeira entre o PP e o PBBI, a nova oposición (PSOE e BNG) emitía comunicados diante dos anuncios de obras e apoio da Xunta que, aseguran, antes lles negaba. Ademais, rexeitan ter responsabilidade nos ataques (pintadas, cartelería e redes sociais) que os independentes e populares denunciaron.
Comezando polo exalcalde Luis Pérez (BNG), dende o seu partido refírense a recente nota da Xunta na que se anuncia que «se reservará un millón de euros nos orzamentos de 2026 para licitar o proxecto da futura residencia de maiores de Ribeira», que chega despois de «meses de parálise e de escusas inxustificadas por parte do Goberno galego». Un bloqueo que, segundo o BNG, responde a intereses políticos e non técnicos, e amosa un trato discriminatorio aos concellos que non son do PP.
Ao fío, Pérez lembra que solicitou «en numerosas ocasións reunións» coa Consellería para desbloquear o proxecto que contaba toda a documentación requirida, agás un último informe de Aguas de Galicia. Dende o BNG explican que se fixeron cando menos unhas 13 peticións sendo todas ignoradas por Política Social. E tamén cren que o terreo das Saíñas cumpría todos os trámites: «Os informes eran favorables e o Concello fixo todo o que lle correspondía, pero a Xunta paralizou a residencia con escusas falsas».
E respecto ao PSOE, amosan o seu abraio por que «desde o luns, os ribeirenses están a comprobar con asombro como de repente aparecen médicos, profesores, investimentos e solucións que durante meses se dicía que non existían. O que antes eran problemas imposibles de resolver, agora semellan desbloquearse por arte de maxia. Iso si é manipular e xogar coa xente: usar os servizos públicos como ferramenta de presión política».
Ademais, opinan que probablemente, os ataques veñan «das reaccións de enfado e malestar procedan de simpatizantes do propio PBBI, que se sinten traizoados», aportan os socialistas.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo