Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Deputación activa os bonos de ata 100 euros de desconto para xerar 25 millóns

Valentín González visitou Noia para coñecer de primeira man o impacto da campaña

Xa máis de 900 establecementos adheridos nos concellos de menos de 20.000 habitantes

Valentín González, á dereita, con José Ramón Romero, á esquerda, e Francisco Pérez, no centro.

Valentín González, á dereita, con José Ramón Romero, á esquerda, e Francisco Pérez, no centro. / Deputación da Coruña

Noia

A Deputación da Coruña anima á cidadanía a descargar desde este luns os bonos MercaNaVila, dispoñibles na web www.mercanavila.gal, cos que se poden obter descontos de ata 100 euros por persoa para realizar compras nos pequenos comercios de concellos de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González, visitou Noia onde, acompañado do alcalde, Francisco Pérez; o rexedor de Boiro, José Ramón Romero; concelleiros do goberno local; e a xerente da asociación Noia Histórica, Belén Arróniz, percorreu varios establecementos da vila.

«Queremos que a cidadanía se sume masivamente a esta iniciativa. MercaNaVila é unha oportunidade para aforrar nas compras e, ao mesmo tempo, apoiar aos pequenos establecementos aos que estamos tan apegados, os que manteñen viva a economía e a vida das nosas vilas. Cada compra é unha aposta polo emprego local e pola cohesión social», destacou González Formoso.

Subliñou ademais que MercaNaVila é un dos programas máis ambiciosos de impulso ao consumo de proximidade activados en Galicia, cun orzamento de 6 millóns de eurosque permitirá mobilizar ata 25 millóns de euros en vendas. «A Xunta destina 7,5 millóns a programas similares en toda Galicia, mentres que a Deputación inviste 6 só na provincia da Coruña e exclusivamente en concellos de menos de 20.000 habitantes. Iso dá unha idea da magnitude e da aposta que supón este programa pola economía de proximidade», explicou.

Noia: líder en establecementos adheridos

O alcalde noiés, Francisco Pérez, destacou a «sensibilidade da Deputación e do seu presidente con sectores que o precisan, como é o caso do comercio». Subliñou que este sector é «un dos principais motores económicos de Noia» e lembrou que o seu municipio é o que máis establecementos ten adheridos. Pola súa banda, o rexedor de Boiro afirmou que «a Deputación, aínda que non teña competencias en materia de comercio, está aí», e animou a que se lle dea continuidade á campaña en anos vindeiros.

Tracking Pixel Contents