RECICLAXE
Xornadas prácticas de compostaxe e agricultura ecolóxica en Boiro
Impartiranse os días 24 e 31 de outubro e son gratuítas

Composteiro doméstico. / Cedida
O Concello de Boiro promove unhas xornadas prácticas de compostaxe doméstica destinadas a persoas que dispoñen dun composteiro ou que queren iniciarse na compostaxe. Serán os días 24 e 31 de outubro.
Abordarase o novo modelo de recollida de residuos, o sistema actual e os cambios que veñen coa separación da materia orgánica, e tamén se falará dos hortos urbanos e como estes serven como exemplo de aproveitamento sostible.
Levarase a cabo tamén un obradoiro de agricultura ecolóxica e aproveitamento vexetal cunha demostración sobre remedios naturais para combater pragas e técnicas de conservación de produtos vexetais.
A xornada é gratuíta e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse na web, no enderezo medioambiente@boiro.org ou chamando ao 981 377 585.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera