A Pobra arranca o arranxo de varias vías do polígono da Tomada para "reforzar as condicións de seguridade"
Os traballos contan cun investimento de máis de 180.000 euros

O rexedor, José Carlos Vidal, e a edil de Obras, Patricia Lojo, supervisaron as actuacións. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal vén de iniciar os traballos de renovación en varias vías do polígono industrial da Tomada. As actuacións levaranse a cabo en dúas fases e en zonas diferenciadas, sumando un investimento total de 180.360,71 euros.
Parte dos labores están a realizarse na estrada de acceso ao parque industrial, a que une a rotonda de entrada á zona coa glorieta da avenida da Tomada, así como na parte que discorre polo interior do complexo.
O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, desprazáronse esta semana á zona para comprobar o inicio destas obras, coas o goberno local mantén unha aposta decidida por “reforzar as condicións de seguridade e mellorar o estado da Tomada, un motor económico para o municipio".
No caso da vía de acceso á zona industrial, a intervención renovará a calzada por completo, acometéndose tanto o fresado de pavimento de aglomerado asfáltico como o pintado da sinalización. En canto á que transcorre polo interior da Tomada, acometerase un fresado das zonas asfaltadas na actualidade para a posterior execución da nova pavimentación. Así mesmo, procederase ao repintado da sinalización na zona de actuación.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito