SERVIZOS
Noia investirá 40.000 euros no bombeo de Abruñeiras
O BNG acorda co goberno adicar a metade dos fondos do POS ao saneamento

Ricardo Suárez e Mari Insua na praza do concello de Noia. / BNG
O BNG de Noia acordou co goberno local dedicar 40.000 euros do investimento do Plan de Obras e Servizos (POS) á mellora do bombeo de Abruñeiras, na contorna de Barro, «xa que se atopa abandonado e obstruído debido ao desleixo do anterior goberno e da Xunta», afirmou o portavoz nacionalista, Ricardo Suárez.
Asegura que este bombeo «é primordial dentro da rede de saneamento local, porque leva moitas das aguas da zona urbana cara a depuradora».
Suárez subliña que este «é un primeiro paso, pois son moitas máis as necesidades», pero deste xeito avanzase cara o acordado na investidura para que «o 10% dos investimentos municipais se destinen ao saneamento».
O BNG pedirá tamén no Parlamento que o Goberno galego «se comprometa co saneamento, o sector marisqueiro e a imaxe do concello de Noia».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago