Ribeira amplía os horarios de apertura dos cemiterios ata o 2 de novembro
O Concello reforza os traballos de limpeza e mantemento

Labores de limpeza nun dos cemiterios municipais. / C. Ribeira
O Concello de Ribeira habilita un horario extraordinario para os cemiterios municipais da cidade e de Palmeira con motivo do Día de Tódolos Santos. Deste xeito, ambos camposantos estarán abertos de 09.00 a 19.30 horas, mentres que os días 30 e 31 de outubro, así como 1 e 2 de novembro, poderán visitarse as 24 horas, sen pechar ningunha xornada.
"Trátase dunha medida que busca facilitar o acceso da cidadanía para adecuar os nichos e sepulturas e velar aos seres queridos nestas datas", subliñan dende o goberno local.
A ampliación do horario estará en vigor entre o día de mañá, 22 de outubro, e o 2 de novembro, ambos inclusive. Despois deste período retomarase o horario habitual de inverno: en Ribeira, de 09.00 a 18.30 horas (pechado os xoves), e, en Palmeira, de 09.00 a 18.00 horas (pechado os luns).
Ademais, os traballadores municipais intensificaron as tarefas de limpeza, roza e pintado dos lugares.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago