Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ribeira tramita a cesión da Unidade de Condutas Aditivas ao Sergas

Un dos obxectivos é reducir a carga económica das arcas locais

A alcaldesa, María Sampedro, e o director da UCA, Jesús Cartelle, na renión coa Fegamp.

A alcaldesa, María Sampedro, e o director da UCA, Jesús Cartelle, na renión coa Fegamp. / C. R.

Ribeira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o director da Unidade de Condutas Aditivas (UCA), Jesús Cartelle, mantiveron unha reunión telemática coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para iniciar os trámites oportunos para que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) asuma a xestión deste servizo.

O cambio do modelo de xerencia fundaméntase, en palabras da rexedora, en «optimizar a administración dun servizo importante que prestamos á cidadanía da comarca e que vai garantir que se sigan brindando estas prestacións correctamente ao mesmo tempo que se reducirá a carga económica para as arcas locais». Incide en que se trata dunha «vella demanda dos municipios» e di que «con este cambio dignifícase o servizo e o paciente».

Nas próximas semanas haberá novos encontros de traballo coa finalidade de que culmine de maneira progresiva esta absorción da UCA por parte da Administración autonómica sen interferir na atención ás persoas usuarias e no desenvolvemento das tarefas do persoal. De feito, a rexedora xa mantivo xuntanzas co persoal da UCA co obxectivo de que esta transición «sexa o máis beneficiosa e sinxela posible para todos os integrantes do servizo».

Tracking Pixel Contents