Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A V Andaina solidaria Jealsa recada 6.153 euros para a investigación da Leucemia

Os fondos desta actividade desenvolvida en Boiro irán destinados a unha fundación instalada en Santiago que traballa na loita contra o cancro hematolóxico

Na actividade participaron preto dun milleiro de persoas.

Na actividade participaron preto dun milleiro de persoas. / Cedida

Boiro

A V Andaina solidaria Jealsa, que tivo lugar en Boiro e na que particparon preto dun milleiro de persoas, logrou recadar 6.153 euros en beneficio da Fundación STOP Leucemia. Unha entidade que traballa para loitar contra o cancro hematolóxico a través da investigación.

No acto de entrega do cheque coa cuantía monetaria estiveron presentes o alcalde boirense, José Ramón Romero; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa; e Carlos Pérez, bioinformático especializado na análise de datos biolóxicos para a mellora no diagnóstico e tratamento de enfermidades oncohematolóxicas, que recolleu o cheque en representación da Fundación.

"Logramos superar a recadación dos últimos anos que vai destinada a unha fundación galega que traballa dende Santiago na investigación da leucemia", salientou Hermo.

Pola súa parte, Carlos Pérez, explicou que "este diñeiro serve para que se siga mantendo a investigación, que precisa tempo e constancia, e que é fundamental para que cheque ao persoal médico e redunde nos pacientes".

O rexedor agradeceu a implicación da organización, colaboradores e de todos os participantes “por poñer o seu gran de area nesta causa solidaria e que redunda no beneficio de todos e todas”.

Tracking Pixel Contents