Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os Bar Ban Sónicos sacan á luz o seu terceiro álbum de punk

Para a banda pobrense, este disco "avanza e consolida o seu estilo e unha maneira propia de entender o rock de guitarras de toda a vida"

O grupo comezará a súa xira de presentación do disco este sábado en Santiago.

O grupo comezará a súa xira de presentación do disco este sábado en Santiago. / Cedida

A Pobra do Caramiñal

O trio musical Os Bar Ban Sónicos, naturales de A Pobra do Caramiñal, acaban de sacar á luz en todas as plataformas dixitais o seu terceiro álbum de garaxe punk: Mirando a herba medrar.

O proxecto conta cunha batería de 10 cancións de garaxe e punk rock bastante diversas e nas que os artistas tocan diferentes paos dentro do amplo abano estilístico no que se insiren. Para a banda, este disco "avanza e consolida o seu estilo e unha maneira propia de entender o rock de guitarras de toda a vida".

O álbum foi gravado no estudio Garaxeland de Compostela co traballo de Edu Vidal aos mandos. A portada é obra do pintor e retratista Andres Bernal Rios co que xa traballaran no pasado, xunto a Paola González Garzón, na gravación e edición do video single de adianto do álbum, Perdendo a fe.

Datas da xira de presentación

Este sábado 25 de outubro na Gentalha do Pichel en Compostela inician a xira de presentación deste novo proxecto. Farano a partir das 21:30 horas e acompañados da banda compostelana Karü. O primeiro tramo desta xira ten tamén concertos confirmados en Cangas o 15 de novembro, en Burela o 22 de novembro, na Coruña o 29 de novembro, en Melide o 13 de decembro e en Sarria o 20 de decembro. Despois do nadal a xira continuará con novas datas que xa se irán anunciando. 

Tracking Pixel Contents