Boiro recibe unha axuda de máis de 10.000 € para a adquisición de material de emerxencias
O obxectivo desta subvención é mellorar o servizo que presta o corpo de Protección Civil á cidadanía
Entre os bens mercados atópanse camillas pregables, unha lanterna e cámara térmica, e roupa técnica de rescate

O alcalde, José Ramón Romero, visitou a base de Protección Civil para revisar o material. / Cedida
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña subvencións para actividades e investimentos no ano 2025 mediante as que se levou a cabo a adquisición de roupa de emerxencias e tamén material para asistencia ás emerxencias. O importe total das subvencións recibidas ascende aos 10.390,13 euros.
O obxectivo desta axuda é impulsar e reforzar os servizos que a Protección Civil boirense, que conta cunha vintena de voluntarios, presta á cidadanía. O alcalde, José Ramón Romero, visitou a base do corpo de seguridade para coñecer o material adquirido, que foron camillas plegables, unha lanternas e cámara térmica, e roupa técnica de rescate e emerxencias.
Coa incorporación deste material búscase facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago