FORMACIÓN
Terceira edición do Programa Integrado de Emprego en Ribeira
Comeza a fase de selección de 100 persoas cun compromiso de inserción do 45%

O Viveiro de Empresas acollerá reunións informativas sobre o programa. / Cedida
O Programa Integrado de Emprego promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal chega á súa terceira edición no curso 2025-2026 cun compromiso de inserción laboral do 45% das persoas participantes.
Esta ferramenta de empregabilidade diríxese a un total de 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, que, ao longo de doce meses, recibirán orientación, formación e intermediación laboral.
Actualmente execútase a fase de selección de asistentes ao PIE, polo que se programan unhas reunións informativas para o xoves 23 e o venres 24, no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 09.00 a 10.00 horas, e no Viveiro de Empresas, de 12.00 a 13.00 horas. Para máis información habilítanse tamén o enderezo electrónico programaintegrado@ribeira.gal; os teléfonos de contacto 669 150 809 e 628 557 348; e o formulario online que aparece no Instagram do programa ( p.integradoempregoribeira).
As persoas participantes percibirán unha axuda consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións presenciais do programa, mentres que, na modalidade en liña, dividirase o número de horas da formación entre cinco para calcular o número de días con dereito a bolsa. Ademais, a Administración local ofrece medidas de conciliación para favorecer a concorrencia segundo as necesidades.
Poderán optar a participar neste instrumento de empregabilidade todas aquelas persoas desempregadas con discapacidade; mulleres desempregadas; persoas desempregadas de longa duración; inmigrantes; en risco de exclusión social; beneficiarias do tramo de inserción da renda de exclusión social de Galicia; mulleres vítimas de violencia de xénero; maiores de 52 anos; menores de 30 anos; perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI); ou persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.Todas elas deberán estar inscritas como demandantes de emprego.
Contido do Programa Integrado de Emprego
Este programa baséase nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades das persoas e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego como, por exemplo, o uso de Internet, o rexistro en portais de emprego, a descarga de aplicacións e a aproximación ás redes sociais profesionais.
Nesta edición, impartiranse técnicas de mobilización de enfermos; aplicación de fundamentos básicos en cociña; acompañante en transporte escolar; operacións básicas de caixa; uso de aplicacións móbiles no ámbito laboral; utilización de recursos dixitais; ofimática; técnicas administrativas; organización de almacén; manexo de carretillas elevadoras; mantemento de zonas verdes; seguridade e hixiene na industria alimentaria; ou cociña colectiva, entre outras materias.
Tamén se levarán a cabo accións individuais de información, asesoramento e acompañamento laboral; obradoiros de coaching para a busca de emprego, comunicación e habilidades sociais; elaboración do currículo, preparación de entrevistas; prospección laboral e prácticas profesionais non laborais nalgunha das empresas colaboradoras, servindo como ponte de cara a futuras contratacións. A maiores, terase en conta a formación transversal en informática, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, técnicas de coaching emocional, formas de busca de emprego ou fomento da capacidade emprendedora.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago