MEDIO AMBIENTE
Boiro leva os primeiros contedores marróns a supermercados, restaurantes e comedores
A implantación da reciclaxe da fracción resto farase de xeito progresivo

Marcos Fajardo, á esquerda, e José Ramón Romero na rúa peonil de Boiro. / Cedida
O Concello de Boiro está a levar a cabo unha campaña de concienciación sobre a recollida selectiva e a implantación do quinto contedor que ten como lema Reciclar é aforrar. Este marrón sáeche a conta. O obxectivo desta campaña é concienciar á veciñanza para a próxima implantación do contedor marrón, que se comezará a empregar nos grandes produtores.
Neste mes de outubro instalouse na rúa peonil un tótem e leváronse a cabo xornadas informativas do novo contedor da fracción resto e do que isto supón. “Levamos todo o mes realizando pequenas accións de concienciación á veciñanza pois a instalación deste novo contedor vai supoñer un cambio nos hábitos da reciclaxe dos fogares co que nos temos que ir familiarizando”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.
O Concello leva varios anos levando a cabo o programa de compostaxe doméstica, co que se levan repartido no municipio arredor de 400 composteiros co obxectivo de familiarizar á poboación de cara esta implantación do quinto contedor para lograr unha xestión máis sostible do lixo.
No marco desta campaña vanse levar a cabo os días 24 e 31 de outubro unhas xornadas prácticas sobre compostaxe, separación de residuos e aproveitamento vexetal. Para participar nesta xornada aínda está aberta a inscrición que se pode facer mediante a ligazón web ou directamente no departamento municipal de Medio Ambiente.
A implantación do contedor marrón farase de xeito progresivo e comezará este mes de novembro cos grandes produtores, para o que se van instalar un total de 48 contedores nesta primeira fase en bares e restaurantes, supermercados ou comedores de centros de ensino.
"O Concello de Boiro gasta máis de un millón de euros ao ano polo lixo e cada quilo mal reciclado sube o custo do servizo, por iso é importante concienciar á poboación do novo sistema de reciclaxe para a súa implantación”, afirmou o concelleiro de servizos, Marcos Fajardo.
Esta campaña de concienciación sobre a implantación conta con financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través das axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para implantación de recollidas separadas de bioresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Viveiros Compostela pone color a la Navidad: 'Cada año se vende más flor de Pascua
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento