MAR
Luz verde a un proxecto experimental de preengorde de ameixa en batea na Pobra
O obxectivo é obter semente para o cultivo en bancos marisqueiros

Ámbito no que se desenvolverá o proxecto na costa da Pobra. / Cedida
A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental ao proxecto para desenvolver un proxecto de cultivo experimental de preengorde de ameixa en batea na ría de Arousa, concretamente na costa da Pobra do Caramiñal.
O proxecto refírese á autorización temporal con carácter experimental para o preengorde de diversas especies de ameixa babosa, fina, xaponesa e loura en batea, coa finalidade de obter semente para o seu cultivo posterior nos bancos marisqueiros ou en parques de cultivo.
Desenvolverase arredor das cuadrículas 95, 96 e 97 do polígono B, do distrito O Caramiñal, na ría de Arousa, próximo ao porto da Pobra do Caramiñal. En concreto, as instalacións (bateas reutilizadas de eucalipto de 550 m2 con catro flotadores de 14,4 m2) localízanse nas liñas de cuadrículas de bateas enfrontadas á costa e están integramente en dominio público marítimo-terrestre.
Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados deste proxecto, sempre e cando se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución da Xunta.
Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, a Consellería dálle publicidade ao seu contido a través do anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia e da súa posta á disposición a través da páxina web da Consellería. Ademais, remitirase ao órgano substantivo, que neste caso é a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército