CONCURSO
O IES Félix Muriel de Rianxo homenaxea a Castelao co certame artístico 'Cousas'
O obxectivo é fomentar a creación artística e literaria na mocidade

Alumnado de Bacharelato encargado da organización do certame. / Cedida
O IES Félix Muriel de Rianxo convocou unha nova edición do certame artístico Cousas, unha iniciativa escolar que homenaxea a figura e o legado creativo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O certame propón recuperar o espírito das súas “cousas”, esas breves narracións acompañadas de imaxes que combinan poesía, humor e crítica social, convidando ao alumnado galego a crear obras literarias e artísticas inspiradas nese xénero.
Da organización encárgase o alumnado de segundo de Bacharelato, que busca fomentar a creación artística e literaria na mocidade galega e manter viva a memoria cultural de Castelao.
Poderan participar as alumnas e os alumnos de ESO, Bacharelato e Formacion Profesional, que estean a estudar en Galicia e non teñan cumpridos os 19 anos o 30 de xaneiro de 2026.
O xurado estará constituido por catro persoas con recoñecemento profesional nas artes plásticas, a creación literaria, e nos ámbito artísticos, xornalístico e da docencia. O certame está dotado con tres premios de 300, 200 e 100 euros, respectivamente.
Os traballos poderán presentarse ata o 30 de xaneiro de 2026 ás 23.59 horas, e o fallo daráse a coñecer o Día da Poesía (21 de marzo) a través da web do instituto. A entrega dos premios será o 24 de abril.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- La borrasca Claudia pone en alerta a Galicia: vientos de más de 100 Km/h y fuertes lluvias que se intensifican esta noche