INFRAESTRUTURAS
A Xunta inviste 20.000 euros na mellora do centro de día de Outes
Dispón de 30 prazas e acolle tamén maiores de Noia, Mazaricos e Negreira

Francisco Calo, á esquerda, e Perfecto Rodríguez, no centro de día de Outes. / X. G.
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde, Francisco Calo, visitou esta maña as obras de mellora que se están a executar no centro de día para persoas maiores de Outes, pertencente á rede pública autonómica. Destínanse preto de 20.000 euros a diversas actuacións no exterior do inmoble, que afectan principalmente ás fachadas e terrazas.
Perfecto Rodríguez explicou que esta intervención é froito dun convenio de colaboración asinado co concello despois de que o pasado verán visitara o equipamento para coñecer as necesidades que tiña e programar as melloras que agora están en execución.
As melloras consisten na impermeabilización da fachada posterior do edificio, que dá ao patio interior de uso exclusivo do centro e onde se renovará o mobiliario. Tamén se está traballando na impermeabilización de terrazas e balcóns; na instalación de novos falsos teitos e na renovación da rede de saneamento e das baixantes.
O alcalde, Francisco Calo, sinalou que "os usuarios e a dirección do centro veñen denunciando problemas de filtracións dende o ano 2019, pero non foron atendidos ata que chegamos nós ao goberno". Froito desas humidades, engadiu, "producíronse levantamentos das soleiras, co perigo que iso supón para os usuarios".
O xerente do Consorcio puxo en valor a importancia do traballo conxunto entre administracións para poñer a disposición das familias infraestruturas e servizos de calidade. Neste sentido, avanzou que está previsto acometer novas reformas neste servizo o vindeiro ano, coa finalidade de seguir avanzando na súa mellora.
O centro de día de Outes, ten 30 prazas de capacidade e a el acoden cada xornada persoas maiores desta localidade e tamén dos municipios próximos de Noia, Mazaricos e Negreira.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen