Máis de 120 libros nun ano: esta é a usuaria máis asidua da biblioteca da Pobra
Isabel Falque Estévez foi premiada polo Concello xunto a Pablo Moral López, que solicitou en préstamo 64 libros

Pola esquerda, Patricia Lojo, Pablo Moral, Isabel Falque e José Carlos Vidal. / Cedida
Ler ten premio. Que llo pregunten a Pablo Moral López e a Isabel Falque Estévez, que recibiron agasallos e diplomas que os acreditan como os lectores máis fieis das seccións infantil e adulto, respectivamente, da biblioteca municipal Victoriano García Martí, da Pobra do Caramiñal, ao longo do último ano.
O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, foron os encargados de entregarlles estes recoñecementos, felicitándoos pola súa "paixón e interese por seguir descubrindo novas historias".
Pablo Moral López repite como gañador. O rapaz, que xa conseguira o título en 2024, retirou un total de 64 títulos da instalación municipal desde outubro do ano pasado. Na categoría de adulto, Isabel Falque Estévez solicitou o préstamo de 127 obras.
Ademais do diploma, o rexedor e a concelleira déronlles un regalo que consistiu nunha colección de libros novos e de recente publicación. A edil de Cultura animounos a seguir cultivando este "hábito que nos permite mergullarnos e descubrir novos mundos e vivir outras vidas".
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego