O PSOE de Rianxo reclama melloras urxentes no campo de fútbol de Vilas e unha avaliación técnica do da Lomba
En materia urbanística, pide explicacións sobre o convenio que o Concello asinou coa Dirección Xeral do Catastro

Óscar Rial, portavoz municipal do PSOE de Rianxo. / Cedida
O portavoz municipal do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, rexistrou unha iniciativa no Concello para o seu debate no vindeiro pleno na que reclama actuacións urxentes no campo de fútbol de Vilas, "onde o deterioro da herba sintética impide o uso en boas condicións e supón un risco para as persoas usuarias", sinala.
Segundo Rial, dita instalación é fundamental para a vida social e deportiva do municipio, xa que acolle cada semana centos de familias e rapaces que participan en actividades deportivas e formativas.
"A mellora do campo é unha cuestión de seguridade, pero tamén de compromiso co deporte base e coa convivencia comunitaria", apunta o edil.
Así mesmo, os socialistas propoñen unha avaliación técnica do campo de fútbol a Lomba, co obxectivo de planificar con responsabilidade o seu mantemento e substitución futura, asegurando que as
instalacións deportivas de Rianxo manteñan un estándar de calidade axeitado ao uso que reciben.
En materia urbanística, o PSOE propón modificar a ordenanza que regula a parcela Z1, eliminando a obriga de reservar o 20% das vivendas como protección oficial. "Esta medida busca ofrecer seguridade xurídica aos propietarios, facilitar o avance do planeamento e abrir novas oportunidades para o desenvolvemento de vivenda no municipio", explica o portavoz socialista.
A formación tamén pon o foco "na situación fiscal de moitos veciños e veciñas que viron incrementado o IBI ata nun 300%, mesmo sen realizar melloras nas súas vivendas".
O PSOE solicita explicacións públicas sobre o convenio que o Concello asinou coa Dirección Xeral do Catastro no marco do programa PLACO, "para aclarar as causas destas subas e garantir que se
actúe con transparencia e xustiza social".
Ademais, considera necesario unificar criterios nas achegas veciñais ás obras de saneamento e abastecemento, "evitando desigualdades que non teñen xustificación técnica".
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera