Boiro e A Pobra animarán o Samaín cun túnel e un xardín do terror
A alameda pobrense e o centro social boirense acollerán as actividades

María Outeiral presentou a actividade xunto con Martín López e Carlos Torrado, do grupo Turbina. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal deseñou varias actividades para que veciños e visitantes poidan celebrar o Samaín convertendo de novo a alameda nunha auténtica pasaxe do terror. Así o confirmou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, quen explicou que esta cita «vai gañando en número de adeptos ano tras ano». As actividades levaranse a cabo o venres 31.
Por unha banda, o Xardín do Terror estará dispoñible desde as 20.00 horas. As persoas que participen nesta iniciativa farán un percorrido pola alameda, que estará ambientada con decoración propia da época.
«Ao longo da visita, os valentes que se atrevan a entrar recibirán varios sustos cos que se lles meterá o medo no corpo», tal e como explicou a concelleira. Ás 21.00 horas terá lugar a proxección da película La autopsia de Jane Doe no Teatro do Cine Elma. As actividades son de balde e non requiren de inscrición previa. O Teatro Cine Elma estará tamén ambientado con decoración de Samaín.
Tamén o Concello de Boiro promove un Túnel do Terror para festexar o Samaín, unha proposta que organiza o grupo de voluntariado Turbina. Será o venres 31 no local Leñaverde do centro social de Boiro, con sesións para público familiar (de 6 a 12 anos) de 18.30 a 20.00 horas, e xuvenil (maiores de 12) de 21.30 a 22.30 e de 23.00 a 00.00.
A edil de Cultura, María Outeiral, presentou a actividade xunto con Martín López e Carlos Torrado, do grupo Turbina.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito