Truco ou trato: o comercio de Boiro prepárase para un doce Halloween
Os establecementos repartirán entre os clientes bolsas de piruletas, e sortearanse tres cestas de caramelos

Imaxe do cartel da nova campaña da ABE. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha unha nova campaña baixo o lema Truco ou trato no comercio local, unha iniciativa coa que se busca animar a veciñanza a visitar e mercar nos establecementos de Boiro coincidindo coa celebración do Halloween, especialmente o venres 31 de outubro, cando se agarda unha gran afluencia de público polas rúas da vila.
Para reforzar o ambiente festivo, a ABE distribuirá entre os comercios asociados bolsas de piruletas, que os establecementos poderán entregar aos seus clientes como agasallo durante esa xornada.
Ademais, a iniciativa completarase cunha campaña en redes sociais baixo o mesmo lema, na que se difundirá o espírito do Truco ou trato no comercio local e se organizará un sorteo de tres cestas de caramelos de Halloween entre todas as persoas que participen no concurso de comentarios publicado nos perfís de ABE. O sorteo e entrega das cestas realizarase o venres 31 de outubro.
Con esta acción, a ABE pretende impulsar o consumo local, fomentar a participación dos comercios nas campañas colectivas e contribuír a crear un ambiente atractivo nas rúas durante unha data moi esperada polos máis pequenos e polas familias.
“Queremos que o comercio de Boiro tamén se contaxie do espírito de Halloween e que as familias desfruten da experiencia de facer o seu truco ou trato nas tendas da vila”, explican desde a Asociación Boirense de Empresas.
A campaña forma parte das accións anuais de dinamización comercial promovidas pola ABE, co obxectivo de reforzar a relación entre comerciantes e clientela, e facer de Boiro un referente de comercio próximo, vivo e cheo de actividade.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito