Colle forma en Aguiño o Centro de Deportes Náuticos
Comezou a instalación das estruturas prefabricadas de formigón que conforman o exterior da nave

Inicio da instalación das estruturas prefabricadas do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño. / Cedida
O Centro de Deportes Náuticos de Aguiño (Ribeira) comeza a tomar forma coa instalación das estruturas prefabricadas de formigón que conforman o exterior da nave. As paredes estarán xa colocadas en novembro, e, en decembro, a cuberta.
Unha vez rematada a fase centrada no exterior, comezarán os traballos no seu interior para rematar a obra en marzo de 2026. Despois será o momento do equipamento.
A construción ten 1.156 metros cadrados. Na planta baixa ubicaranse o almacén de embarcacións, o foso de adestramento, a recepción e o aseo e, na primeira, o salón multiúsos con aula e cociña office, despacho, aseo adaptado, vestiarios, ximnasio e almacén. O importe da obra é de 1.179.750 euros.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados